O Consello de Contas reproba o goberno de Curtis por irregularidades na xestión de fondos públicos
O Consello de Contas ven de facer público un informe cuxo obxectivo foi a análise das posibles irregularidades relativas á xestión dos recursos públicos por parte do Concello de Curtis. Esta fiscalización ven derivada dos feitos comunicados pola Fiscalía Provincial da Coruña o 27 de novembro de 2017 sobre o que sexa que foi que estaba investigando a fiscalía
Algunhas das conclusións derivadas deste informe destacan que o concello de Curtis aprobou todos os orzamentos correspondentes ao período 2016-2019 incumprindo o prazo establecido na Lei das Facendas Locais.
En materia de contratación, obsérvase a utilización abusiva da figura do contrato menor excedendo da contía prevista para esta modalidade, así como a existencia de prórrogas tácitas tampouco previstas na lexislación. Isto na práctica supón facer contratos de feito irregular e contrarios á norma, anulando a posibilidade de concorrer a quen ten dereito a facelo, e que aparte das consecuencias económicas que ten para o concello, pode ter tamén consecuencias para quen os subscribe.
Un exemplo disto é o contrato da recollida do lixo, onde o informe resalta que ademais de que o contrato non cumpre coa normativa vixente, o custo de prestación do servizo de recollida de residuos é superior (109,30 €) ao coste de dito servizo para os concellos da provincia do mesmo tramo de poboación (60,92 €), tanto en termos absolutos coma en termos de coste unitario das unidades de referencia avaliadas.
De igual maneira, tamén se incumpre a lei na tramitación do contrato de concesión do servizo de abastecemento de augas, redes de sumidoiros e depuración, o que leva a que a veciñanza do concello estea a pagar taxas máis elevadas que noutros concellos da provincia.
O Consello de Contas resalta que os incumprimentos na tramitación do contrato do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e do contrato de concesión do servizo de abastecemento de augas, redes de sumidoiros e depuración, poden traer como consecuencia a derivación de responsabilidades para a autoridade e para o persoal ao servizo da entidade, tal e como se recolle na Disposición Adicional 28 da Lei 9/2017 e nos artigos 28 e 30 da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Desde BNG - Asembleas Abertas avisan que analizarán detalladamente o informe e pedirán que o equipo de Goberno explique o porqué destas irregularidades que se levan cometendo desde fai varios anos, e o mesmo informe manifesta que se siguen manifestando na actualidade e que repercute negativamente nas cuantías que a veciñanza paga polos bens e servizos que lle son propios.