Lucas Quintas, candidato do BNG á Alcaldía de Curtis
O BNG de Curtis decidiu en asemblea local, a través dun proceso democrático e participativo, que Lucas Quintas sexa o candidato á Alcaldía de Curtis nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.
Este mozo de 24 anos, Graduado en Ciencias Políticas e da Administración e natural de Teixeiro, estará acompañado na candidatura polas actuais concelleiras de Asembleas Abertas de Curtis, María Amalia Seoane, Verónica Fuentes e Maribel Ares, nos postos duos, tres e catro respectivamente.
“Imos a por todas, o BNG quere darlle un xiro a este concello para poñelo ao servizo da veciñanza, cun proxecto que faga avanzar e ilusionar a todas e todos” explicou Lucas Quintas.
O candidato nacionalista a Alcaldía de Curtis destacou que “somos un grupo unido e comprometido cos nosas veciñas e veciños. Estamos a traballar nunha candidatura que conxuga xuventude con veteranía, apostando pola xente moza, e con moita ilusión porque Curtis merece máis e desde o BNG imos traballar arreo para conseguilo”
Desde o BNG de Curtis anunciaron que nas vindeiras semanas presentarán a candidatura completa e están a traballar “na elaboración do programa electoral municipal, aberto a todas aquelas persoas que queiran participar na súa elaboración” explicou Lucas Quintas. “No BNG temos ideas e un proxecto político serio e solvente para facer avanzar Curtis desde o rigor, a boa xestión a defensa dos servizos públicos e servizos socias, a igualdade e dar pasos adiante nun concello máis próspero e xusto” concluíu.