O DEPUTADO DO BNG NO CONGRESO VISITOU A FEIRA DE CURTIS ACOMPAÑADO DE MILITANTES E SIMPATIZANTES DO BNG NO LUGAR
Néstor Rego arroupa en Curtis a candidatura do BNG á Alcaldía, con Lucas Quintas á cabeza
O Deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, arroupou hoxe ao candidato do BNG á Alcaldía de Curtis, Lucas Quintas. Xunto con outros membros da candidatura do BNG e militantes e simpatizantes do lugar, visitaron a feira de Curtis.
"No BNG apostamos polo comercio de proximidade e por revitalizar as nosas feiras mensuais" explicou Quintas. Desde o BNG comprométense a "cun goberno do BNG poñeremos en marcha unha plataforma de venda minorista onde as e os agricultores e comerciantes poidan ofertar os seus produtos, creando unha rede local para fomentar o comercio de proximidade" explicou o candidato do BNG á Alcaldía.
"Como di o noso lema de campaña, Curtis merece máis e no BNG traballaremos sen descanso para conseguilo. Por iso pedimos o apoio masivo ao BNG o vindeiro 28 de maio, a única garantía para abrir un tempo novo en Curtis e comezar a cambiar as cousas para darlle futuro e calidade de vida á nosa veciñanza" concluíu Lucas Quintas.